Luz da memoria (LXIV)

Foto enviada por Manuel Vázquez Naveira, xunto a este texto da súa autoría:

“Alfonso de Alberta de Bandoxa e Manolito de Tomás de Mortoares no Enxertado o 11 de setembro de 1964. Foto feita por Agilda, o inolvidable fotógrafo de Oza. As mozas, que eran moi xeitosas, non souberon aproveitar os bos mozos que naquela hora tiñan diante…”

Luz da memoria (LXII)

Foto enviada por Ramón Valiño desde Euskadi. É do 22 de setembro de 1962, e foi feita en Belén (A Queimada), dentro das festas desa parroquia. Trátase do equipo de fútbol de Bandoxa (segundo nos conta, gañaron ao equipo local por 1-7). A aliñación era a seguinte: de pé, de esquerda a dereita, o porteiro Pepe do Valle, Eliseo do Carpinteiro, Agustín de Fidalgo, Manolo de Amenedo, José Antonio de Rocha, e Antonio de Vicente. Agachados, de esquerda a dereita, José Luís de Rocha, Pastor de Ruzo, Domingo de Faustino, Manolo de Andrés, e o propio Ramón Valiño de Valadares.
Como sempre, se alguén sabe máis sobre as persoas que aparecen aquí, poden comentalo nesta a súa casa!!

Luz da memoria (LX)

Foto dos anos 1970 do século XX, feita na festa de Bandoxa (en setembro), enviada por Víctor Valiño desde Euskadi. Segundo nos comenta, as persoas que aparecen nela son, de pé de esquerda a dereita, Víctor Valiño, José Manuel Bermúdez, Paco Valiño, José Manuel Vazquez, Jesús Sánchez, e agachados, de esquerda a dereita, José Ramón Valiño, e un rapaz que era fillo de emigrantes de Bandoxa, do que non lembra o nome.
Como sempre, se alguén sabe máis sobre as persoas que aparecen aquí, poden comentalo nesta a súa casa!!

Luz da memoria (LVII)

Foto do equipo de fútbol de Bandoxa arredor do 1968, no seu propio campo de xogo, enviada por Víctor Valiño desde Euskadi (novamente agradecidos pola súa colaboración!).
Segundo indica, está formado por: de pé, de esquerda a dereita, Pepe Naveira, Pastor de Ruzo, un amigo da Regueira, Manolo Amenedo, Juan de Couceiro e Hipólito Valiño. Agachados, de esquerda a dereita, Víctor Valiño, Agustín Naveira, Domingo Sánchez, Plácido Vázquez e Pepe de Vázquez.
Lembramos que esta é a vosa casa, así que se queredes comentar calquera cousa, podedes facelo libremente!